Onde nacen as estrelas

Nebulosa de Orión

Créditos da imaxe: Marco Antonio Vilar Sanlés

Aí están a se formar estrelas. É un proceso longo, lento e doloroso. Fai falla unha presión e temperatura altísimas e hidróxeno, moito hidróxeno. Trátase ademais da rexión de formación estelar máis achegada ao noso planeta. Con todo, ubícase a máis de 1 300 anos luz de distancia. Chámase Nebulosa de Orión e atópase na constelación do mesmo nome.  

Orión domina os ceos invernais, comezando a verse no outono de madrugada e aínda aguantando a comezos da primavera. A imaxe rexista un dos lugares máis rechamantes desta zona do ceo, a súa nebulosa, situada por baixo do cinto na zona das estrelas que parecen formar unha espada.Para albiscar esta nebulosa a ollo espido habería que gozar de ceos limpos de contaminación luminosa. E unha boa vista, pois non é doado.

Neste caso o autor, sen contar cun ceos excelentes, valeuse dunha cámara réflex dixital acoplada a un telescopio. Foi tirada a finais do mes pasaso (o 25/1/2020) desde o miradoiro da Ra (Ribeira, A Coruña), o autor combinou 10 tomas de 20 segundos de exposición a ISO 1600 a foco primario dun telescopio Newton de 254 mm de apertura e 1200 de distancia focal.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Onde nacen as estrelas”

Os comentarios están pechados.