Atravesando o ceo

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Un fotógrafo, unha nave espacial e a noite. Non se precisa máis para obter unha fermosa estampa do ceo estrelado. Ou si: dous satélites, un natural e outro artificial, e un planeta, a Terra. O autor tivo a paciencia de deixar aberto o diafragma da súa cámara uns catro minutos. Así, colleu o paso da Estación Espacial Internacional polo ceo galego de cabo a rabo. Por contra, a Lúa apareceulle sobreexposta, demasiada luz solar que saturou o sensor electrónico saíndo moi brillante. Porque é grazas a luz do sol reflectida na Lúa que podemos contemplala pola noite. A mesma luz reflectida nos paneis solares e na estrutura metálica que nos permite enxergar o satélite artificial.

A Estación Espacial Internacional circunda a Terra varias veces cada día. Nos solpores e nos amenceres é bastante sinxela de ver a simple vista por reflectir a luz solar. Tamén hai veces que pasa por diante de astros singulares, como da Lúa, dando a posibilidade de tirarlle fotos e vídeos deses tránsitos. Ou, como neste caso, a rentes da Lúa por un pouquiño. No seu punto de máximo de achegamento estivo a uns 400 quilómetros de distancia. No horizonte estaba a uns 2 400 quilómetros de distancia; imaxina a velocidade que levaba.

A imaxe foi tirada cunha cámara réflex dixital Nikon D700 e un obxectivo Nikkor 16mm. A sensibilidade foi de ISO 320.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024