O Sol, como nunca o viches

Créditos da imaxe: www.aristarco.org

Este é o Sol. Si, o noso Sol. A estrela que alumea os nosos días. A estrela ao redor da cal xira a Terra. Nunca a verás así. Cos teus ollos. Porque para ter esta visión do Sol cómpre empregar cun filtro especial denominado H-alfa. En caso contrario quedarías cego. De súpeto. Nunca debes mirar directamente ao Sol. Nin a simple vista nin con trebellos astronómicos ou caseiros. A non ser que estean deseñados para iso.

O Sol aparece aburrido. Non amosa nin manchas, nin prominencias, nin espículas, nin outros rasgos propios da súa actividade solar. Porque está atravesando o mínimo de actividade no seu ciclo de 11 anos aproximados. Pero se miras polo miúdo atoparás que o Sol non é liso. Está cheo de bolborotos; campos de plasma que circulan desde exterior cara o interior, bombeando material continuamente.

Este é o Sol. En H-alfa. En realidade esta é a cromosfera solar, unha das partes nas que se estrutura o Sol. Está xusto por baixo da fotosfera, a parte “visible”, a que emite a luz que chega a nós. Para obter esta imaxe emprégase un filtro especial que bloquea toda esa luz visible, a ultravioleta e a infraermella. Así evitamos danos nos ollos. Porén, deixa pasar a luz que emiten os átomos de hidróxeno cando son ionizados. Nesta zona da estrela, o único electrón do hidróxeno é arrincado, pasando a ser capturado rapidamente por outro átomo. Nese proceso, o electrón cae como nunha fervenza atravesando as diversas capas enerxéticas e emitindo os fotóns asociados. Entre os niveis 3 e 2, polos que pasa case sempre antes de acougar no nivel 1, emite esta luz característica chamada H alfa e que anda na parte vermella do espectro da luz. Por iso ten esa cor.

A imaxe foi tirada desde o patio traseiro da casa do astrónomo amador na cidade de Ourense, valéndose dun Telescopio Lunt LS60T H-alfa. Tratouse dixitalmente para aumentarlle o contraste.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “O Sol, como nunca o viches”

Os comentarios están pechados.