Concurso foto e debuxo astronómico

Organiza: Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no marco do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.

Cada dous anos os amadores españois da astronomía organizan un congreso a nivel estatal. A pesares desa denominación, moitas das actividades son abertas e dun nivel axeitado para todos os públicos. Unha das tradicións que vai en paralelo a este evento é o concurso de astrofotografía e debuxo astronómico. E, se aínda non o sabías, estás a tempo de participares antes do domingo 15 de marxo.

Estas son as categorías:

  • fotografía:
    • ceo fondo
    • planetaria
    • astropaisaxe
    • vídeo-secuencia ou time-lapse
  • debuxo:
    • infantil
    • adulto

Por certo, o noso proxecto está orgulloso de figurar entre as entidades colaboradoras do XXIV Congreso Estatal de Astronomía A Coruña 2020.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024