Xa é primavera

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Brais Lorenzo

Tralo inverno. Antes do verán. Toca primavera no hemisferio norte. As 4:49 do día 20 de marzo do 2020 verifican ese momento astronómico. A esa hora é o equinoccio de primavera. A liña dos solpores coincide cos meridianos terrestres. O solpor ten lugar de xeito preciso no oeste. O amencer ten lugar de xeito preciso no leste. O día e a noite teñen a mesma duración; en realidade non é certo, pois antes do mencer e tralo solpor aínda hai moita luz solar. Hai que ter en conta o perfil terrestre de cada lugar, pois a existencia de montañas distorsiona todas estas afirmacións.

As igrexas católicas antigas adoitan ter unha orientación leste-oeste, de xeito que os rezos son mirando cara levante, o lugar do nacemento do Sol e lugar da luz, pero éntrase nelas polo presbiterio situado ao oeste, lugar das sombras e tebras polo que se oculta a nosa estrela.

É conveniente que adoremos coa faciana volta cara o oriente (…) porque o Paraíso terrenal existiu en oriente e nós tratamos de voltar a el (…) e porque por oriente será cando aparezca no derradeiro día o Señor “como o lóstrego que se de oriente e brilla deica o occidente”.

Santo Tomé de Aquino

No caso singular da pequena capela mozárabe de San Miguel de Celanova (século X), situada por tras do maxestoso mosteiro, a orientación leste-oeste conta ademais cun deseño das xanelas que crean un efecto fermoso no mencer dos equinoccios que se ve potenciado pola pequena desviación de 2 graos ao sur. Pero ademais este eixo cadra coa presenza do pedrón, un afloramento rochoso situado á sua beira e con esa mesma orientación, respectada polos construtores da capela. Porque o pedrón ten pegadas de uso antigo e posiblemente castrexo. Incluso, no solsticio de verán o solpor ten lugar sobre Castromao, unha das poboacións castrexas máis senlleiras do país e situada a 2 km de distancia, según se mira desde a rocha (e sen houbera as construcións posteriores da vila de Celanova). A orientación do sol nacente na capela coincide ademais co cumio do monte San Cibrao de case 1000 metros de altura e situado a 8 km de distancia.A imaxe tirada no equinoccio de hai un ano recolle este momento fermoso. Porque xa é primavera.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

2 comentarios en “Xa é primavera”

  1. Hola, buenos días desde Madrid. Qué foto tan curiosa, así como la historia que la acompaña. Gracias por esta información tan estupenda y ¡feliz equinoccio! y ¡feliz primavera! para todas y todos. La Naturaleza está ajena a los avatares humanos y sigue su curso… Ya sabéis, carpe diem. Besos.

Os comentarios están pechados.