Solpor desde os Forcados

Créditos da imaxe: Igor Piñeiro

Tes un plan. Un plan perfecto. Un día de excursión cos amigos nun lugar novo. Pasar o día xuntos e tirar fotos do ceo. Ata que chegas ao cumio e todo está cheo de nubes. Tiñas un plan. Toca baixar antes de tempo pero, de camiño, parece que vai despexando. Hai que aproveitar. Parades ao pé da estrada e preparas todo o equipamento. Aí o vai, un solpor excelente. Unhas nubes en primeiro plano que lle dan sensación de tridimensionalidade ao estar alumeadas desde atrás. Unhas cores do ceo que de azul grisallo na parte superior chegan a tons laranxas escurecidos polo po e a calixe no horizonte. Un Sol amarelo que ao seu redor tingue de vermello o ceo. Unha simetría no ceo e no mar que esteticamente atrae. E relax. Ese é o efecto que produce; calma e paz.

En palabras do xurado:

A forza do pequeno sol domina toda a escena, cálido e luminoso arrodeado do azul do ceo e o mar, un azul roto pola luz do sol que se espalla verticalmente dándolle á imaxe un xogo de luces e simetrías con moita forza.

Porque este Solpor desde o monte Forcados recibiu o primeiro premio das mellores imaxes do ceo galego do ano pasado, na categoría de MeteoFoto. O autor empregou a súa Canon EOS 77D e un tempo de exposición curto, de 1/1250 segundos cunha sensibilidade ISO 100. Foi un día de excursión durante o pasado mes de agosto, de excursión pola serra do Barbanza (A Coruña).

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024