A última noite

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Unha saída proveitosa. A última do inverno. Deu para unha chea de imaxes de ceo fondo e paisaxes nocturnas. A viaxe foi longa, as horas de escuridade tamén. Mentres o material astronómico vai collendo temperatura miramos ao redor.

Aí vai a Vía Láctea, atravesando o ceo. Por baixo dela, de esquerda á dereita, un panorama co máis salientable do ceo invernal. Comezamos con Sirio, a estrela máis brillante do ceo nocturno. Como fiel can de caza acompaña á constelación de Orión no centro; as tres estrelas do cinto e as que forman a espada baixando permiten situala. A amarela Aldebarán marca o ollo do Touro, atopámola subindo desde o sinal indicador. Xa no extremo esquerdo está o grupo de estrelas ou cúmulo aberto das Pléiades. Unha paisaxe celeste típica do ceo de inverno pero que aínda non desapareceu. Ao longo da primavera seguirá aí, cada vez máis avanzada a noite. Desaparecerá na luz do día cando o Sol comece a andar por esa zona.

Na terra podemos percorrer o perfil do miradoiro estelar das Tablillas (A Veiga, Ourense), nos montes de Trevinca. Un dos lugares máis escuros do país, adaptado para a observación astronómica. Os diversos paneis informativos explican a paisaxe do ceo. Estamos nunha das zonas que contan co selo de “destino turístico Starlight”. Ao fondo, sempre se cola algo de contaminación luminosa.

A imaxe tirouse a finais de febreiro cunha cámara  Sony A6000 e un obxectivo Sigma 10-20. Escolleuse unha sensibilidade de ISO 3200 e un tempo de exposición de 20 s.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024