Queremos noites escuras

Créditos das imaxes: Pablo J. Martínez Alemparte e Carliños Meco

A noite é escura. Na noite escura hai estrelas. Podemos ver estrelas pola noite. Se a noite é escura. Necesitamos noites escuras para descansar. E para gozar do ceo nocturno.

A noite é necesaria para animais e plantas. Moitas especies teñen a súa adaptada á escuridade. Desde morcegos a todo tipo de aves. O exceso de alumeado nocturno de cidades, aldeas, estradas, monumentos están a matar paseniñamente a moitas especies animais. O mal alumeado, incumprindo a lexislación e ata o sentido común non beneficia a ninguén, ou a case ninguén. Unha norma básica: alumear sempre cara abaixo, nunca en horizontal e moito menos cara arriba. Outra norma básica: alumear o xusto e necesario as zonas urbanas. A última: apagar o alumeado monumental e turístico cando non hai ninguén polas rúas. A natureza e os nosos petos agradeceranos.

Contemplar o ceo nocturno non é só un capricho de fotógrafos e astrónomos. Debera ser un dereito de toda a poboación. O ceo estrelecido é un espectáculo de balde, comprender o ceo axúdanos a comprender o noso lugar no mundo, na interpretación do ceo está gran parte da historia da humanidade.

Hoxe podemos comparar dúas imaxes. A primeira xa a publicamos no seu momento. A segunda pertence a un colaborador novo; está feita desde a súa terraza nunha vila costeira galega. Os equipos empregados son diferentes. Os tempos de exposición son diferentes. A sensación é que no segundo caso por moito que aumentara o tempo de exposición ou mellorara o equipamento o límite está na calidade do seu ceo, non se pode facer nada máis. Nos dous lugares das fotos a simple vista tamén veríamos cousas moi diferentes: no primeiro milleiros de estrelas, no segundo un cento, con sorte.

A primeira foi tirada desde A Veiga (Ourense), cunha Canon EOS 550D acoplada a un telescopio reflector 200/1000 con montura de seguimento. Realizou 12 tomas de 300 segundos de exposición (e algunha máis para calibración) usando unha sensibilidade de ISO 800.

A segunda desde O Grove (Pontevedra), cunha Nikon D750 acoplada a un telescopio reflector SW 150/750 cunha montura NEQ3-2. O autor tirou 26 fotos de 20 s de exposición máis tomas adicionais de calibrado, cunha sensibilidade ISO 1600.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024