A trompa do elefante

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

Nos contos hai elefantes divertidos, grandes, pequenos, de cores e incluso vexetarianos. No universo só vemos a trompa do elefante. Xa o seu tamaño é ben grande como para andar na procura do resto do animal. A da imaxe ten 20 anos luz de lonxitude, algo así como 5 veces máis que a distancia entre o noso Sol e a estrela máis achegada, Proxima Centauri. Queres saber a equivalencia en quilómetros? Serían uns 200 billóns, moi difícil de imaxinar. Como a trompa está moi afastada de nós, a 3 000 anos luz de distancia, no ceo ocupa un espazo equivalente a dúas lúas cheas.

A trompa ten nome de seu, vdB 142. Esta inserida nunha nebulosa máis grande e que se sae do campo da imaxe, unha rexión de formación estelar con estrelas recén nadas denominada IC 1396. A estrela brillante do centro, azulada e moza, permítenos ver a nebulosa que reflicte a súa luz, sobre todo pola abundancia de hidróxeno e po. Pola trompa van aparecendo nubes ensarilladas do material en bruto a partires do que se van formar estrelas novas. Vanse formando empaquetamentos de gas comprimido que no seu interior agochan as protoestrelas nacendo.Todo isto transcorre na constelación de Cefeo, máis ou menos cara o norte do noso ceo. O autor precisou de 20 tomas con 600 s de exposición cada unha. Empregou un filtro H alfa para salientar o gas hidróxeno. O consabido procesado informático posterior tamén levou unhas cantas horas.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024