Ronseis na terra e no ceo

Créditos da imaxe: Pablo Pérez Busto

Todo muda. Todo fica. Son tempos difíciles. Máis a Terra segue a rotar. Velaí o tes. As estrelas seguen a rotar ao redor da estrela Polar. O eixo de rotación da Terra segue a apuntar cara a estrela Polar. Ou moi preto da mesma. Unha casualidade cósmica que facilitou a navegación e as grandes viaxes nos últimos séculos. Pero non foi sempre así. O eixo da Terra ten movemento de xeu, coma unha buxaina que vai mudando a súa inclinación. Cada 26000 anos fai unha volta completa no ceo. Así, de cada vez haberá unha estrela marcando o noso norte, ou ningunha. De cando os exipcios construían as súas pirámides por aí estaba Thuban, na constelación do Dragón. Hoxe temos á Polar, e por moitos anos. Na  nosa imaxe pérdese polo extremo esquerdo, alí onde está o centro das circunferencias que van creando as estrelas.

En terra son as luces dos trens os que marcan o camiño. Sobre os seus raíles van e veñen os trens FEVE deixando as súas pegadas en forma de luces. A imaxe recibiu o segundo premio do concurso ás Mellores Imaxes Ceos Galegos 2019 por parte do xurado.O autor valeurse dunha cámara dixital, Nikon D3300, un trípode para que non se movera e uns 40 minutos de exposición. Sensibilidade a ISO 200 e f 2.8 completan os datos técnicos da imaxe captada hai un ano ao carón da praia da Rueta (Cervo, Lugo).

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Ronseis na terra e no ceo”

Os comentarios están pechados.