Un ceo ateigado desde a baranda

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

O ceo é azul. Xa pasou o solpor. Pero aínda non chegou o crepúsculo astronómico. Arriba destaca unha estrela amarela e brillante, Aldebarán; o ollo do Touro. Está integrada nun grupo de estrelas con forma de V xigante, as Híades. Un cúmulo aberto que forma as cornas do Touro. Á dereita e baixando atopamos un acio de estrelas. Cantas ves? 6, 7, 8… en realidade son centos. Aquí só vemos unhas poucas: as Pléiades. Un cúmulo aberto de estrelas que naceron na mesma nube de hidróxeno hai milleiros de anos. Por baixo a almenara celeste dos solpores deste mes: o planeta Venus. Máis abaixo é a esquerda a Lúa en cuarto crecente. Sempre, despois do solpor, a Lúa estará en cuarto crecente. Desta volta no quinto día da súa fase. Pero se estiras a vista verás que a parte escura tamén se pode ver. É a luz cincenta, luz solar reflectida na Terra e que chega á Lúa permitindo ver tamén algo da zona escura. Non é algo novo; xa nolo contara Leonardo. Xusto por riba do edificio cóase unha estrela da constelación da Balea.

O edificio non é moi bonito. Pero este excelente exemplo de astronomía desde unha baranda de Vigo non podía escoller o marco urbano. É o que hai. E, o que hai, é moito no ceo. Un ceo ateigado de estrelas, lúa, cúmulos e ciencia.

Unha soa toma feita coa súa cámara réflex Sony A6000, recortada lixeiramente. Un compromiso nos parámetros escollidos permite ver estrelas pero que Venus e Lúa aprezan algo sobreexpostos. Hai algo de “coma” que non desmerece o conxunto; ampliando a imaxe as estrelas superiores aparecen algo movidas.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024