Nubes con Lúa

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

Mares e cráteres. Montañas e vales. Terras altas e baixas. Zonas escuras e claras. Todo iso e moito máis aparece na imaxe. Cada un dos accidentes xeográficos que vemos na imaxe ten o seu nome. Nesta toma podemos distinguir varias ducias. Atréveste? De arriba abaixo hai unhas grandes zonas escuras. A superior, redonda e illada do resto, e o Mare Crisium. O seu deiámetro é duns 550 quilómetros. Por debaixo e de esquerda á dereita aparecen catro “maria” unidos: Serenitatis, Tranquilitatis, Fecunditatis e, más pequeno e unido ao segundo, Nectaris. 

Na metade inferior arrodean ao cráter Copernicus o Mare Imbrium, por riba é esquerda, o Oceanus Procellarum, a enorme chaira escura por baixo do cráter, mailos Mare Cognitum, Nubium e Humorum á súa dereita e cara abaixo. Case todos os nomes moi meteorolóxicos.

Na parte inferior dereita desta Lúa case chea sobrancea o cráter Tycho proxectando as súas raiolas de material exectado polo meteorito caído hai uns 108 millóns de anos. Para facernos unha idea da escala, o seu diámetro e duns 85 quilómetros.

A imaxe é dunha lúa ao 98%. Aprézase na parte inferior que se albisca á perfección o seu relevo.

A foto é unha soa toma xusto no intre que a exposición permitise ver tanto a Lúa ben definida como as nubes terrestres que a arrodean. Foi a última lúa chea antes do equinoccio de primavera. O autor empregou un teleobxectivo Tamrom 150-600 mm, focal 5.5, sensibilidade ISO 400 e velocidade de obturación 1/13 s.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024