Tan preto, tan lonxe

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

En primeiro plano unhas árbores. Aparecen borrosas. Non eran o obxectivo do fotógrafo. Están a uns metros de distancia. Un pouco máis arriba aparecen nubes. Tan só son uns quilómetros de distancia, unha ou dúas ducias. Aló no ceo, unha almenara coruscante. Está a 0,73 unidades astronómicas. A 0,73 veces a distancia Terra-Sol. O que vén sendo 110 000 000 quilómetros, Un 1 seguido de 8 ceros. Trátase do planeta Venus, cunha órbita no sistema solar máis preto do sol ca nós. Ao seu carón, un grupo de estrelas. Están a 400 anos luz de distanca. Iso vén sendo uns 25 000 000 unidades astrónomicas ou 25 millóns de UA. Ou se o prefires cunha porrada de ceros: 4 000 000 000 000 000 km, 4 mil billóns de quilómetros. Máis ou menos. Son as estrelas do cúmulo estelar aberto das Pléiades.

Todos os anos Venus pasa preto das Pléiades. No movemento dos planetas por diante dunha estrelas que, aínda que tamén se moven, están tan incriblemente lonxe que non o percibimos, as rutinas anuais vanse mantendo. Pero que Venus pase xusto por riba deste cúmulo estelar aberto pola noite só se produce cada 8 anos. E acaba de suceder.

Así apereceu retratado desde o patio compostelán do noso fotógrafo cun disparo único da súa cámara Nikon D600 modificada e o seu obxectivo Nikkor ED IF 300 cuns poucos segundos de apertura e ISO 1000.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

3 comentarios en “Tan preto, tan lonxe”

  1. Hola. ¡Qué alegría de patio!. Desde luego tiene buenas vistas, por lo menos hacia el cielo…Un saludo. 🙂

Os comentarios están pechados.