Fósforo anda a pasear

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

As cinco estrelas que chamamos Planetas posúen movemento propio. Disque pertencen a cinco deuses. (…) O cuarto chámase Fósforo e pertence a Afrodita. É de cor branca e a maior de todas as estrelas. Chámano tanto Fósforo coma Héspero.

Traducido de “Mitología del Firmamento”, Eratóstenes. Alianza Editorial (1999)

Así describía Eratóstenes nos seus “Catasterismos” un dos coñecementos astronómicos gregos. Entre as estrelas fixas do ceo hai cinco singulares, pois móvense. Venus, a máis brillante e a máis rápida, acaba de amosarnos o espectáculo de pasar por diante do cúmulo das Pléiades. Bo momento para poder caracterizar ese movemento de seu en tan só tres días. Así aparece nesta didáctica imaxe, sobre unha foto fixa tirada o 3 de abril, o día do máximo achegamento. Por baixo, a posición do planeta o 2 de abril. Por riba, o mesmo o 4 de abril.

Sabemos que Venus é un planeta que xira ao redor do Sol máis preto ca Terra. Así pode verse tanto no solpor como no mencer. De aí que os gregos lle puxeran dous nomes pois ao primeiro coidaban que eran dous planetas diferentes. O pasado 23 de marzo estivo no seu punto máis afastado do Sol no noso ceo. Agora vaise achegando paseniñamente para, a primeiros de xuño, pasar por diante da nosa estrela e perderse na luz do día. Unhas semanas despois comezará a verse tralo mencer e seguirá a súa danza planetaria.

Por certo, “fósforo” significaba en grego “portador de luz”.

Imaxe feita a partires de tres instantáneas únicas tomadas desde os arrabaldes de Compostela. O autor empregou a súa Nikon D600 e un obxectivo Nikkor ED IF 300 cuns poucos segundos de apertura e ISO 1000. Montada sobre un trípode.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Comezou o outono? Depende

Astronomicamente falando, no país xa chegou o outono hai uns días. Meteoroloxicamente falando, parece que seguimos no verán, aínda que as temperaturas xa son máis

Rebentou unha estrela

— Urg! — Urg!, urg! Así dirían os Homo sapiens sapiens que, hai 10.000 anos, viron unha estrela refulxir no ceo diurno. Ou destacar moito

Sabes onde estás?

Estás perdido e non sabes onde estás? A astronomía sae ao teu rescate. Olla a foto. Só tes que procurar a estrela polar e mirar

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2022

1 comentario en “Fósforo anda a pasear”

Os comentarios están pechados.