A Porta do Alén

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Aleixandrus

Pedras. E estrelas. E o que parece unhas ruínas vellas. Ou on. Vén podería ser resultado da evolución xeolóxica do país. Erosión, vento e chuvia para formar os típicos bolos graníticos. Tamén parece unha porta. E, se a atravesas, verás o Universo. Aló no alto o ceo está atravesado pola Vía Láctea, a nosa galaxia. Á súa dereita sobrancea Xúpiter, brillando no ceo do verán do ano pasado. Por baixo del varias estrelas que nos lembran á constelación do Escorpión. Pero xusto por tras da porta está Saxitario e aí, no centro da Vía Láctea, un burato negro supermasivo. Chámase Saxitario A*; un nome un tanto exótico para un obxecto moi exótico. No centro galáctico, unha enormidade coa masa equivalente a 4 millóns de soles e que, de seguro, tivo moito que ver na formación da nosa galaxia. Está atravesando a Porta do Alén pero non te molestes, non o poderás ver. A pesares da súa enormidade está demasiado afastado, a 26 000 anos luz, e non emite nada que poidamos ver.

A mesma Portalén comunica o mundo dos vivos co dos mortos. Se a atravesas certos días do ano procura levar algo de comer, algo de beber e unha candea. Pasa e garda silencio. Ao pouco poderás falar cos mortos. Esa polo menos é a tradición asociada ao lugar desde a época castrexa. Unha zona, o monte Seixo (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra), que era sagrado para os nosos antergos. Hoxe válenos de porta ao Cosmos.

A imaxe foi tirada o 30 de agosto pasado. O autor empregou a súa cámara Sony a7III montada sobre un dispositio de seguemento “star tracker”. Precisou dun par de minutos de exposición, focal de 35 mm e unha sensibilidade de 640.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Xogando coas cores

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

1 comentario en “A Porta do Alén”

  1. Hola, buenos días. ! Me encanta esta foto y la leyenda!! Muy propia de aquellas misteriosas tierras que, también me encantan y nunca mejor dicho…;) Venga, hasta la próxima y un abrazo.

    Responder

Deixa un comentario