Pois mañá será Pascua

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Oli Nauta

No Concilio de Nicea, aló polo 325, estableceuse que a Pascua se rexería por un fenómeno astronómico que combina lúa e sol. Así, o primeiro domingo posterior á primeira lúa chea do equinoccio da primavera marcaría o domingo de Pascua e, con el, todas as festas relixiosas movibles do ano eclesiástico. Tamén as que nos interesan claro, como o Antroido e as vacacións da semana santa. Daquela o equinoccio da primavera ocorreu o 21 de marzo e así se fixou en termos eclesiásticos. Que astronomicamente o equinoccio de primavera poida caer o día 19 ou o 20 de marzo, como pasou o ano pasado, pasaría a ser un capricho cósmico que pouco interesaba.

O calendario vixente por entón, o xuliano, tiña un pequeno defecto; consideraba que o tempo que tardaba a Terra en xirar ao redor do Sol, o que denominamos ano (ano trópico exactamente), duraba 365,25 días. A realidade é que dura 365,24219 días, aparentemente un desfase pequeno; uns 11 minutos anuais. Pero chegou a provocar que en 1582 a primavera xa comezaba o 11 de marzo. Nun intento de corrixir e facer máis regular o calendario civil e o eclesiástico, nese ano introdúcese a reforma gregoriana. De aí veñen os anos bisestos cando son múltiplos de 4, agás os mútliplos de 100 que non serán bisestos, pero si os múltiplos de 400 que de novo terán un febreiro estendido.

Nun momento en que a comunicación con toda a rede eclesial non era tan sinxela como na actualidade creáronse unhas reglas computacionais de uso común. Tratábase dun calendario perpetuo denominado epacta, un círculo de 30 signos para determinar o principio de cada lunación. A cada ano correspondíalle unha epacta (un número romano) calculado a partires dos días entre a derradeira lúa nova do ano anterior e o 1 de xaneiro. Tamén hai que considerar a letra dominical: A, B, C, D, E, F ou G en función do día en que comezou o ano; domingo, sábado, venres… Se o ano é bisesto volvemos unha da letra atrás.

Para este ano 2020 a epacta é 7, pois a lúa nova do ano pasado caeu o 26 de decembro. Na táboa das epactas caeríalle o símbolo VI. En canto á letra dominical, o 1 de xaneiro foi mércores, sería o E Así, para este ano 2020 tocaría a letra dominical E pero, como foi bisesto, sería o D. Consultando a táboa da imaxe temos que a Pascua cae o 12 de abril. 

A imaxe é unha fotografía propia de “Constituciones sinodales del obispado de Orense (…)” (1622) reimpresas por Don Juan Manuel Bedoya (1843).

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha Lúa chea que non se ve

Na historia da humanidade saber cando a Lúa era chea foi algo fundamental. Os primeiros calendarios eran lunares, como son aínda o calendario eclesiástico, o

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “Pois mañá será Pascua”

Os comentarios están pechados.