Unha pantasma no ceo lugués

Créditos da imaxe: Marcos López Alonso

Luces penduradas no alto. Unha pantasma ou un espectro. Ver luces estrañas no ceo non é habitual. Se andas no monte para facer fotografías é unha benzón. E aí están, coma un OVNI por riba das cabezas. Tiras fotos e comezas a cismar no que viches. Que puido ser? Porque seguro que tiña explicación.

Mira debaixo, na vila das Pontes. As luces procedentes da contaminación luminosa da vila pérdense no ceo. Nas capas superiores, esta fría noite invernal do pasado xaneiro, abundan os cristais de xeo que, desta volta, aparecen ben aliñados. Eles son os causantes de reflectir a luz artificial inferior. Cando os cristais de xeo están no aire ao teu redor podes ver piares semellantes nas farolas a uns poucos metros de distancia.

Esta noite debía haber capas de cristais en alturas diferentes por riba das Pontes. Incluso zonas baleiras ou sen orientación especial. Por iso, os piares ou columnas de luz aparecen só no seu treito superior, non saen desde as luces que os orixinan. A esquerda tes o plano xeral do fenómeno óptico e á esquerda un primeiro plano dos piares.

Con esta imaxe dun dos nosos colaboradores (e premiado nos concursos anuais) creamos unha sección nova na nosa web. Aí recompilamos as imaxes de fenómenos ópticos da nosa atmosfera que temos; a xeito de páxina de referencia, seguindo a clasificación da excelente web Atmospherical Optics. E conscientes de que algúns deses fenómenos vai ser imposible ou moi difícil de captar nos nosos ceos. Anímaste a colaborar?

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024