Nubes estarrecedoras

Créditos da imaxe: Lucía Aneiros

Hai nubes que arrrepían. Asomando entre as casas da vila ben puideran pertencer a unha película serie b sobre unha invasión marciana. Pero non son máis que formacións naturais.

A imaxe está dominada por un Cumulonimbus, un dos dez xéneros principais de nubes que se recollen no Atlas Internacional. Son nubes densas e pesadas, de gran extensión e que poden semellar incluso auténticas montañas flotantes no ceo. A parte baixa é moi escura, pois bloquea case por completo a luz solar. Na nosa imaxe o máis significativo é o rasgo suplementario denominado arcus. Unha especie de rolo na parte dianteira con forma de arco extenso. O seu bordo ten unha aparencia moi suave, con algunha irregularidade. A súa parte inferior podemos ver que é moi agreste. Os arcus fórmanse ao descender as correntes de aire frío que se estiran por diante da nube tormentosa. Por debaixo vai unha pequena nube desprendida da principal e con forma irregular. Por riba hai unha grosa capa de Altostratus opacus espállase polo resto do ceo.

A vila ameazada é Cariño (A Coruña). Á outra beira da ría de Ortigueira está a zona de Espasante e os cantís de Loiba. A foto foi tirada co móbil pola nosa nova colaboradora hai un par de días unha horiña antes do solpor, contra as 20:00.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024