O faro das estrelas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Aleixandrus

Subindo polo camiño de pedras da dereita chegamos á… Vía Láctea. Subindo polo camiño de estrelas da nosa galaxia chegamos ao… centro galáctico. Xusto no horizonte terrestre vai caendo a constelación do Arqueiro ou Saxitario, aínda que case todo o corpo do centauro anda por detrás do outeiro. Axiña deixamos a Xúpiter, a luz máis brillante á dereita da Vía Láctea, e Saturno, que loce algo máis apartada á esquerda. O camiño celeste pérdese máis arriba na constelación do Cisne, amosando os seus corredores escuros centrais e zonas máis brillantes ás beiras, zonas cheas de estrelas e po galáctico.

Volvendo abaixo, á dereita de Xúpiter damos albiscado unha estrela brillante e algo amarelada que nos indica que estamos nos dominios do Escorpión. Por riba del anda xa a constelación de Ofiúco ou Serpentario.

En terra case esquecemos a esbelta figura da torre octogonal de 10 metros de altura do faro de Lariño, en punta Ínsua (Carnota, A Coruña). Se tes sorte nunhas semanas (ou meses) poderás gozar das súas fermosas habitacións. O edificio é centenario e serve de elo entre o faro de Fisterra e o de Corrubedo. Para que se note que gustamos dos faros.Nesta panorámica vertical (denominada vertorama ás veces) o autor precisou de 3 imaxes de 20 segundos de exposición a ISO 1600, 2 fotos para caracterizar o chan e 1 máis para captar a luz que emite o faro. O seu traballo valeulle o terceiro premio ás mellores imaxes dos Ceos galegos 2019 na categoría “Xente e Ceo”.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Un mar de nubes

É a curiosidade a que disipará a brétema para verte en Arousa. No luar. Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos21 Sempre hai unha primeira vez. Todos tivemos unha

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

2 comentarios en “O faro das estrelas”

    • Coido que non debeu chegar nin a abrir. Na web o xestor de contidos non nos permitiu poñer a ligazón: https://hotelfarolariño.com/

      Supoño que polo “ñ”. Nesa web vense unhas habitacións preciosas. Pero só atopamos a aprobación do proxecto e que abriría este ano polo que, co tema do CoronaVirus, ver no que queda a cousa.

      Xa contarás.

      Responder

Deixa una resposta a Dosi Veiga Cancelar a resposta