Unha pléiade de estrelas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Marcos López Alonso

Reunidas nun acio de sete estrelas, disque son as fillas de Atlas, e por iso denomínanse “sete pasos”. Porén, non son visibles as sete, senón só seis, e dase a seguinte explicación: seis delas uníronse a diversos deuses, e a sétima uniuse a un mortal. De entre as primeiras, tres uníronse a Zeus (Electra, da que naceu Dárdano; Maia, nai de Hermes, y Taigeta, da que naceu Lacedemón). Outras dúas uníronse a Posidón (Alcione, nai de Hiereo, e Celaeno, da que naceu Lico). Cóntase que Esterope uniuse ao deus Ares, nacendo desa unión Enómano. Finalmente Merope uniuse ao mortal Sísifo, motivo polo que non se nos amosa visible. Entre os homes gozan de moi boa reputación, xa que anuncian o comezo da primavera.

Así recollía Eratóstenes de Cirene, no seu libriño Catasterismos, transformacións en estrelas, a presenza das Pléiades no noso ceo. Era o século III a.C. e dirixía a biblioteca de Alexandría. Na súa obra mestura tanto a utilidade de describir as constelacións do ceo como a beleza de unir as figuras que forman coa mitoloxía grega. Define 43 constelacións, todas elas, agás pequenas variantes, presentes no catálogo oficial de 88 constelacións recoñecidas pola IAU.

Agora estamos na tempada das Pléiades. Faltan unhas semanas ata que o Sol pase por diante e as oculte, ou as cegue, da nosa vista. Preto delas pasou hai uns días Venus, desde a nosa perspectiva. Aínda que a distancia entre planeta e estrelas é inmensa. Por iso serán visibles tralo solpor, cara o oeste.

As Pléiades forman un cúmulo aberto de estrelas. Todas naceron na mesma nube de hidróxeno no seu tempo, pero agora están a espallarse paseniñamente. Estímase que son centos. Na imaxe aprezamos unhas deceas que pertencen ao cúmulo, habendo outras moitas estrelas que se atopan moito máis lonxe e que por perspectiva aparecen no mesmo campo. Aprezamos un veo nebular e azulado típico das imaxes con telescopio. Só que neste caso trátase dunha nebulosa que se interpón no noso punto de vista entre nós e as Pléiades, sen relación con elas.

Imaxe formada a partires de 12 tomas tiradas hai pouco máis dun ano cunha exposición de 300 segundos cada unha e ISO 400 desde O Viveiró (Muras, Lugo). O autor valeuse dunha cámara Nikon D850 acoplada directamente a un telescopio refractor SkyWatcher 80.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

O primeiro analema galego

O primeiro analema

Cada día, á mesma hora, está o Sol á mesma altura? Non. Cada día, á mesma hora, está o Sol na mesma vertical? Tampouco. Marcando

Cantas estrelas hai no ceo

Somos os primeiros netos da Terra que non saben ver // o Ceo do que viven pola moita luz que prenden? Démoslle volta, irmás! // Saudade, peregrinas de Eolo, velaí vai vello o Camiño // polo ceo, sobre as nubes, no val de Viveiró! (Estíbaliz…Espinosa)

Conxunción tripla

Astros agroman. // Entre cerdeira e Pléiades // constelas ti. (Estíbaliz…Espinosa). Xuntos no ceo terrestre. Afastados no universo. As flores da cerdeira, o satélite terrestre a Lúa, o planeta Venus, as estrelas das Pléiades. De 1 metro a 444 anos luz, ao final todo é cuestión de perspectiva.

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021