Un ceo con corazón e alma

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Sabiamos que o ceo tiña corazón. Tamén ten alma. Os dous están na constelación de Casiopea, un lugar doado de atopar. Co seu característica forma de M ou W, esta raíña da mitolóxica Etiopía xira todo o ano ao redor da estrela Polar, xusto ao lado contrario do Carro Maior.

As nebulosas Corazón e Alma son os alcumes das máis formais denominacións IC 1805 e IC 1871. Ámbalas dúas brillan con intensidade en vermello, a luz do hidróxeno ionizado, o seu maior compoñente. Esa luz foi emitida hai uns 6 000 anos e chega agora a nós. Xuntas, ocupan no ceo un espazo dun diámetro duns 300 anos luz. No centro de ambas observamos estrelas pertencentes a sendos cúmulos abertos. 

As dúas nebulosas aparecen acompañadas á esquerda por un cúmulo estelar coñecido como o Dobre Cúmulo de Perseo porque, en realidade, son dous cúmulos estelares moi próximos e denominados NGC 869 e NGC 884. Están a unha distancia similar á das dúas nebulosas.

Por certo, o corazón claramente é a nebulosa que está abaixo á dereita, con esa forma tan parecida ao órgano humano. Sobre a forma da alma xa non o temos tan claro.Para este recadro, tirado no outono pasado, foron necesarias tirar 12 fotografías de 60 segundos de exposición cada unha e ISO 3200, todas coa cámara Nikon D600 e un obxectivo Nikkor AIS ED 180 mm a f 2,8. Foi merecedora do terceiro premio do xurado en imaxes con telescopio do ano 2019.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024