Todo vai saír ben

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Mjail

Por riba do río Miño pasa un arco da vella. Nace á dereita na Torre de Ourense e morre á esquerda, no barrio da Ponte. Ou iso é o que parece. A refracción a luz solar polas pingas de auga provocan a súa descomposición en sete cores (ou seis, ou oito, as que contes). Por riba aparece outro arco da vella secundario. Máis amplo, máis feble, coas cores do revés. Unha segunda refracción da luz dentro das pingas de auga ten este efecto. O seu tamaño é 1,8 veces maior có principal. Entrámbolos dous esténdese unha zona máis escura denominada fita de Alexandre. E por baixo do primeiro o ceo aparece máis brillante. Os dous arcos son concéntricos, comparten o mesmo centro: o punto antisolar. Pensa onde está o Sol, por tras do fotógrafo sempre.

Sobre o río hai moitos máis arcos. Os dous invertidos da ponte do Milenio, os arcos medievais de pedra da ponte Vella, o arco de ferro da centenaria ponte Nova, os grandes arcos do viaducto de formigón. Temos unha imaxe chea de arcos.

A foto foi tirada o pasado 17 de abril ás 18:05 horas coa cámara dun teléfono móbil. Os parámetros empregados foron ISO 100 e F 1,90. Singularmente, o lugar da foto denomínase Vistafermosa ao carón da rúa Arco da Vella, en Ourense.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

2 comentarios en “Todo vai saír ben”

  1. Hola, buenos días. Bonito nombre para el arcoiris , arco da vella. Estupenda explicación del arcoiris doble especular…por aquí también vimos uno estupendo el domingo pasado, lástima que no se puedan enviar imágenes… podría enseñaros lo. Ganas me han dado de ir para allá a ver todo ese entorno. Venga, un beso y a seguir bien. ?

Os comentarios están pechados.