Un globo, mil estrelas

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Un globo, dous globos, tres globos. Aquí temos só un globo. Pero de tamaño cósmico: 10 anos luz de diámetro. O seu nome técnico é de NGC 7635, pero ten o alcume de nebulosa Burbulla. E iso é, realmente, unha burbulla no interior dun complezo de po e gas interestelar que vai sendo inchada aos poucos polos ventos de radiación cunha estrela que hai no seu interior. Esa cor avermellada de toda a zona indicanos a elevada presenza de hidróxeno gasoso, o ingrediente de formación das estrelas.

A escena aparece acompañada por un grupo de estrelas xuntiñas abaixo e á esquerda. É un cúmulo aberto denominado M52. Está formado por un milleiro de soles, aproximadamente. O espazo que ocupa ten uns 25 anos de diámetro e están á metade de distancia que a nebulosa da Burbulla. Foi descuberto polo astrónomoa francés Charles Messier a finais do xéculo XVIII, polo que está ao alcance duns prismáticos.A imaxe de hoxe é un recorte da orixinal, que foi o primeiro premio do xurado ás mellores imaxes do ceo 2019 “con telescopio”. Tirada na primavera do ano pasado, o autor requiriu de 12 tomas de 300 segundos de exposición cada unha, con tomas adicionais de calibrado. Empregou a súa cámara acoplada directamente ao telescopio refractor. Son imaxes feitas con seguimento motorizado para anular a rotación terrestre, co fin de que as estrelas aparezan como puntos e non movidas. Isto engadiu unha dificultade máis pois estes obxectos están na constelación de Casiopea, preto da estrela Polar. E aí a velocidade angular é superior a outras partes do ceo, polo que o seguimento ten que ser máis fino.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024