E o Universo fíxose (case) infindo

Créditos da imaxe: Sete Vázquez

Comezos do século XX. Non se coñecía o tamaño da Vía Láctea nin do Universo. En realidade, hai 100 anos eran a mesma cousa. Non se coñecían outras galaxias. O ceo era como o actual por suposto. Aí estaba xa a galaxia de Andrómeda, pero chamábase Gran Nebulosa de Andrómeda porque ninguén dixera que era outra galaxia. Aínda que se especulaba coa existencia doutros universos illa (termo precioso creado por Kant, o filósofo). 

Diversos modelos falaban dun tamaño para o universo que oscilaba entre as deceas de anos luz (como Harlow Shapley) e os centos de anos luz, xa sendo xenerosos, como Heber Curtis. En realidade, o que faltaba era unha escada cósmica para medir distancias que ficarán fora da paralaxe, o único xeito directo de medir distancias estelares (pero só permitía chegar a uns poucos anos luz.

No ano 1920 prográmase pola Academia Nacional de Ciencias dos EUA o que había ser un debate do estado da cuestión do tamaño do universo, fixo 100 anos o 26 de abril. Alí falaron os dous, Shapley e Curtis. Compartiron as súas opinións ao redor de 14 cuestións diferentes; diferindo nunhas, coincidindo noutras. Anos despois chamouse o Gran Debate pero, en realidade, daquela non resolveran nada pois faltaban datos. Así foi como 4 anos despois, Edwin Hubble descubriu unha nova na nebulosa de Andrómeda que ademais era do tipo variable, é dicir, a súa luminosidade variaba de xeito periódico. Ao aplicar a regla descuberta por Henrietta Leavitt que relacionaba iso coa distancia, foi quen de convertir á nebulosa en galaxia de Andrómeda e colocala a 1 millón de quilómetros de distancia. Acababa de aumentar en bastantes ceros as medicións máis optimistas para o universo, Á vez, demostraba que había galaxias afastadas da nosa. Mágoa que Leavitt morrera un par de anos antes, esquecida por todos.

A nosa imaxe de Andrómeda (acompañada por outras dúas galaxias, M32 e M101) obtívose a partires de 60 imaxes de 2 minutos de exposición, con diferentes sensibilidades de 400, 800 e 1600. Conseguiuse así unha moi boa definición do centro galáctico que, doutro xeito, aparecería sobreexposto. Foi tomada o ano pasado desde O Viveiró (Muras, Lugo). En realidade, está a 2,5 millóns de anos luz de distancia.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024