Sete cousas que non sabías do arco da vella

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Oli Nauta

  1. Iris era a deusa mensaxeira dos deuses. Aparece ás veces representada con ás, con sandalias aladas ou cun manto irisado. Para Platón a etimoloxía da verba estaba relacionada con “eireín”, que significa falar. Un arco da vella apareceu trala tormenta unindo o Olimpo dos deuses coa Terra dos mortais. Sen saír da Grecia clásica, Aristóteles foi o primeiro en dar unha explicación científica para o arco da vella. Aínda que el falaba de que se formaban por un reflexo nas nubes, a xeometría que explicaba era bastante atinada.
  2. O primeiro modelo completo sobre o fenómeno veu dun dominico alemán do século XIV, Teodorico de Friburgo, quen falou das pingas de auga como as responsables do fenómeno. Explicou correctamente a existencia dos secundarios, as cores invertidas destes, a xeometría e a posición dos arcos da vella. Adicoulle un libro completo De iride et radialibus impressionibus que vén a ser Sobre o arcos da vella e as impresións creadas pola irradiancia.
  3. Non ten sete cores. Esa idea provén do libro Optiks de Isaac Newton. Ademais de físico, ao Isaac molábanlle a cabalística e as artes escuras. O número 7 tiña certas connotacións, de aí que quisexe ver que os arcos da vella teñen 7 cores. Tamén lle permitía asignar cada cor con unha das notas musicais da escada. Agora ben, cantas ves ti? Onde remata unha cor e comeza outra? Na realidade hai unha chea de matices e depende moito da definición do arcoíris en cuestión. Desde os vermellos interiores ata os violáceos exteriores, pasando por amarelos, verdes e azuis.
  4. O arco da vella é unha circunferencia completa. O arco que vemos é só unha parte do arcoíris completo. O resto non aparece porque a proia terra bloquéanos a súa visión. Hai imaxes de arcos da vella circulares tiradas desde a altura, desde avións ou helicópteros.
  5. Por baixo do arco da vella o ceo é máis brillante. Cando aparece un arco da vella secundario, entre ámbolos dous o ceo é máis escuro, trátase da fita de Alexandre. Dosdo é ver un arco da vella secundario. Pero, tes visto máis de dous? Hai quen está a cazar ata as ordes quinta e sexta dun arco da vella, formadas a partires de 5 e 6 reflexións internas nas pingas de auga. Todo un reto.
  6. O arco da vella é persoal e intrasferible. O que ti ves é diferente ao que ve alguén ao teu carón. Se te moves, móvese contigo. Se trataras de buscar o lugar onde morre nunca chegarías. 
  7. Canto máis baixo o Sol máis alto o arco da vella e viceversa. Ao mediodía a amplitude do arco será a menor posible. No amence e no solpor os máis grandes. 

Unha de regalo: “contrasol”, un sinónimo na  nosa lingua. Moi descritivo e xeométrico.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A meirande cola do Sistema Solar

A cola máis grande do sistema solar pertence a un planeta. Si. O planeta é Mercurio. Non, Mercurio non é un cometa. Si, é un

Un Sol máis activo

O Sol sempre está activo. Por iso temos a súa luz e calor no noso planeta. Hai veces que está máis activo ca outras. E,

Regalos do ceo, de tres en tres

Efectos atmosféricos que abraian. Os da imaxe, máis alá do arco da vella dobre, poderían ser raios crepusculares. Pero o Sol estaba por tras do fotógrafo. Entón, que son?

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021