Da Terra á Lúa

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: José Carlos Castro Martínez

Un paxaro? Un avión? Superman? Non, neste caso é un avión. Sendos ronseis desvelan a súa natureza humana. Son deixados por un avión bimotor. Quizais un Boeing 737?

En realidade tampouco se dirixe cara á Lúa, aínda que pola perspectiva o pareza. Unha Lúa diúrna (quen dicía que a Lúa só sae pola noite?) en cuarto crecente, unhas horas antes do solpor. Na parte inferior aprezamos con claridade o Mare Crisium, case circular e máis escuro, cun diámetro duns 555 quilómetros. Por riba del comezan a agromar os Maria Fecunditatis e Serenitatis, aínda que o pouco contraste da luz aínda dificulta a súa observación.

Un ceo azul, uniforme e sen nubes, caracteriza esta imaxe do verán pasado, do mes de agosto. En realidade, os propios ronseis de condensación formados polo avión son nubes de seu. Aparecen no atlas oficial de nubes publicado hai uns anos pola Organización Meteorolóxica Mundial baixo a denominación de Cirrus homogenitus, algo así como “nubes de formación humana”. En todo caso, os escapes dos motores fan que aumente a humidade nesa zona da atmosfera. O contido de auga chega ao punto de orballo formándose o característico ronsel. Durará máis ou menos no aire en función dos ventos ou a humidade presentes.Seguro que os pasaxeiros do voo non van da Terra á Lúa, pero permitíronnos gozar desta imaxe tan oportuna tirada coa cámara Panasonic DMC-FZ300, unha velocidade de obturación de 1/125 e sensibilidade 100, desde o sudoeste da provincia de Pontevedra.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Xogando coas cores

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

Deixa un comentario