Un camiño de luz

Créditos da imaxe: Daniel Llamas

A Vía Láctea pérdese no horizonte, afundíndose no océano Atlántico. Aos centos de estrelas que se ven no ceo únense os milleiros da franxa central. Aínda que todas as estrelas da imaxe pertencen á mesma galaxia, a nosa. A banda nubosa marca o plano principal, onde se amorea o maior número das estrelas, po e hidróxeno. Por iso ese aspecto bretemoso que destaca nas noites estreladas.

Na terra saliéntase unha luz, a do faro do Roncudo en Corme (Ponteceso, A Coruña). Nun territorio chamado Costa da Morte eran as estrelas guía para barcos e mariñeiros. E seguen a selo, as estrelas do ceo non están sempre dispoñibles. No horizonte, á esquerda, aparece entre nubes baixas a luz artificial da vila de Laxe. De aquí alá media unha das Rías Altas, a de Corme e Laxe.A imaxe participou no noso concurso anual do ano 2019, na categoría de “xente e ceo”. Precisou de 13 instantáneas combinadas para definir tanto a paisaxe terrestre como a celeste. Foron tiradas cunha focal f/4, sensibilidade ISO 12 800 e 20 segundos de exposición. Dúas tomas adicionais foron quen de captar un vehículo indo e vindo do faro. Neste caso cunha focal f/11, ISO 400 e 50 segundos de exposición.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024