Un agasallo do ceo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Juan Lesta

Mirar ao ceo é agradable. Mirar o ceo nocturno é marabilloso. Recoñecer estrelas e constelacións produce pracer. E, ás veces, o ceo fai agasallos inesperados.

Así lle pasou ao noso novvo colaborador. Programara unha serie de imaxes desde a baranda, coa teima de montar un vídeo-secuencia. Non resultou moi satisfeito, pero descubriu algo raro do ceo. Que será. Un paxaro? Un avión? Pois ningunha das dúas cousas. Todo apunta a que esa muxica de luz se produciu bastante máis arriba. E, para investigalo, cómpre tirar de lista de probabilidades e ir confirmando ou desbotando.

Podería ser un satélite artificial. A constelación Iridium é unha das máis buscadas pois podemos predicir a súa visibilidade e adoitan producir relampos rectos moi vistosos; ás veces máis brillantes que os dalgúns planetas. Neste caso non había previsión de paso por esa zona, polo que podemos desbotalo.

No vídeo a luz é moi breve. Na nosa imaxe parece deixar un ronsel breve no ceo, por baixo da estrela Arturus. Apunta a algún tipo de corpo que quere entrar na nosa atmosfera e deixa o característico ronsel de ionización. Poderían ser varias cousas: refugallo de lixo espacial (previsto ou non), meteoro aillado ou meteoro pertencen a algunha chuvia coñecida. Neste mes está activa a chuvia dos meteoros das Eta Acuáridas. O noso planeta atravesa o ronsel deixado polo cometa Halley e os seus refugallos tratar de caer a terra. Na descrición desta chuvia fálase de que se ven os meteoros un pouco antes do amencer (no noso caso son ás 6:07), o radiante ou lugar de onde parecen proceder sería a constelación de Acuario (no noso caso ben puidera ser) e aínda que o máximo vai na noite do 4 ao 5 de maio, está activa entre o 19 de abril e o 20 de maio.A imaxe foi tirada na Coruña desde a Agra do oOrzán ás 6:07 do día 3 de maio. Cunha cámara Canon PowerShot SX200 IS, exposición de 13 segundos, e f 3,4. Forma parte, xunto con outras tomas tiradas cada 42 segundos, dun vídeo secuencia desa noite coruñesa.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023