Un Sol aberrante

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Sindo Nóvoa

O Sol é redondo. Ou case. Ou non. Neste caso parécese máis a un rectángulo. Pero a realidade é mais complexa. O Sol nin sequera está aí.

A liña de visión do fotógrafo atravesa varias capas de inversión; capas atmosféricas superiores que están máis quentes que as inferiores, o que retorce o camiño que siguen os raios solares. As de arriba están formadas polo aire quente que procede da liña da costa que sobe por riba do aire frío do océano Atlántico. Iso provoca a creación dunha sucesión de espellismos ou imaxes falsas solares por riba da súa posición actual, unha por cada capa de aire. A superposición destas imaxes crea esa aparencia rectangular. Todo coroado no cumio cun capacete solar, outro espellismo procedente de aínda máis abaixo. Non en van, ese día do 25 de maio o solpor foi ás 22:00 en punto, sendo a imaxe duns 40 segundos antes.

Case poderiamos pensar que estamos diante dun posible efecto Nova Zembla, moi habitual nas zonas polares. A denominación é unha homenaxe ao primeiro rexistro dese fenómeno a finais do século XVI polos sobreviventes a unha expedición pioneira na rexión polar norte.

A imaxe aparece enmarcada polo Obelisco Millenium (A Coruña). Os obeliscos, creados no antigo Exipto, pénsase que estaban adicados ao Sol e certos fenómenos como os piares solares. Incluso hai quen lles atribúe o seu uso como reloxo solar e de observación astronómica na antigüidade.

O noso colaborador valeuse da súa cámara Nikon D5200, un tempo de exposición moi veloz de 1/2000 segundos e F 8.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023