Xirando por riba da Muralla

Créditos da imaxe: Kikeflash

Un ceo cheo de cor. As estrelas teñen cores diferentes. Nunha toma tan longa coma esta podemos comparar mellor o contraste entre as súas distintas cores, mirando os ronseis. Cada cor indica un tipo de estrela, un tamaño, unha temperatura, unha idade diferente.

Un ceo que xira ao redor dun punto fixo. Pero, es capaz de albiscar o centro de xiro? Será a estrela polar? Pois si. Ou non. En realidade quen xira é a Terra. En realidade o centro do xiro é un punto calquera na negrura da noite. A estrela Polar está moi preto. Se amplías a imaxe verás no centro un pequeno ronsel máis brillante, é o que deixa a Polar porque ela tamén xira ao redor do centro común. Só por casualidade, a súa proximidade ao norte celeste serviu de guía para os viaxeiros dos últimos séculos. No vindeiro século estará aínda máis preto do centro para, despois, irse afastando. É un movemento de cabeceo do eixo da Terra que se denomina precesión, semellante ao abaneo dun peón cando se move polo chan. O eixo da unha volta creando un cono no espazo cada 26 000 anos. Un movemento que fora descuberto por Hiparco de Nicea na antiga Grecia.A imaxe foi composta amoreando 204 fotografías de 30 segundos cada unha, tiradas cunha cámara Sonu a7iii a f/4 con sensibilidade ISO 1600, na madrugada do pasado 23 de febreiro. O lugar, unha torre de telecomunicación do monte Muralla, axuda a marcar a rotación celeste ou terrestre. No límite dos concellos coruñeses de Lousame e Rianxo.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026