Cada dous anos, estralotes

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

A natureza é periódica. No ceo e na terra. Esa repetición está nos fundamentos da ciencia. Ante os eventos repetidos podemos intuír a existencia de leis que rexen os cambios. A ciencia é a medición desa repetición, maila súa extrapolación a leis máis abstractas e xenéricas.https://ceosgalegos.com/2018/01/22/unha-lua-case-nova/

No ceo, de arriba abaixo e aparecen en diagonal a Lúa en cuarto crecente, Mercurio e Venus. O día da imaxe, o 24 de maio, xa pasaran dous días desde que Mercurio adiantou cara á esquerda ao planeta Venus, afastándose máis do Sol desde a nosa perspectiva. Agora, Venus xa se ve polas mañás, lugar onde se reatopará con Mercurio a partires do 1 de xulllo. A observación repetida dos movementos destes dous planetas ao respecto do fondo de estrelas levou aos antigos babilonios a pensar que Mercuriuo era astro máis veloz no ceo nocturno. Por iso recibiu de nome Nabu, o mensaxeiro dos deuses. Na antiga Grecia chegou a ter nous nomes, Apollo polas mañás e Hermes no serán, ata que Pitágora se decatou de que en realidade era o mesmo planeta. Quedoulle de nome Hermes que, ao igual que o latino Mercurio, é o mensaxeiro alado dos deuses, símbolo tamén do comercio.

Na parte superior dereita da imaxe a estrela Capella (na constelación do Cocheiro) parece espreitar a correcto aliñamento dos astros do sistema solar. Por baixo as nubes tapan o resto do ceo. Xa na terra temos uns estralotes, planta que conta con varias ducias de nomes, dada a súa popularidade. Tamén conta cunha repetición do seu ciclo vital que dura 2 anos. A súa idade distínguese pola disposición das flores. Na imaxe temos os exemplares maiores por diante e de un ano por detrás. Se non che gusta o nome de estralotes podes dicir Digitalis purpurea e aforras confusións.

A imaxe foi tirada cunha cámara Nikon D600 e obxectivo Nikkor AIS ED 180mm, desde o monte Pedroso (Santiago de Compostela).

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024