E, de súpeto, un cometa

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Pasamos a primavera agardando un cometa que acabou por rebentar. E chegou de súpeto outro que ninguén agardaba. O satélite NEOWISE (siglas en inglés para “Exploración en infravermello e campo amplo de obxectos achegados á Terra”) descubriu o cometa C/2020 F3 a finais do pasado marzo. E acaba de se converter no rei dos cometas da década, sendo visible antes do mencer cara o norleste nos ceos galegos. Incluso desde a cidade pódese albiscar cuns prismáticos calesquera.

Os cometas adoitan estar formados por xeo suxo procedente dos arrabaldos do Sistema Solar, a partires dos refugallos da nube primixenia na que se formaron o resto dos planetas. De cando en vez, por efecto de atraccións gravitacionais e tiróns entre os diferentes obxectos que poboan a Nube de Oort (onde residen a maioría), algún “cae” cara o interior regalándonos un espectáculo á vista. Ao achegarse ao Sol a interacción co vento solar provoca a aparición dunha ou dúas colas de diferentes, o que completa o cadro. Desta volta, o cometa NEOWISE sobreviviu ao seu paso polo punto máis achegado ao Sol o 3 de xullo. Mentres vai saíndo do noso sistema planetario cádralle irse achegando ao noso planeta, polo que se nos fai visible. O vindeiro 23 de xullo estará a pouco máis de 100 millóns de quilómetros, algo menos da metade de distacia a Marte. Poderemos buscalo tralo solpor, pero algo menos brillante que estes días.

Sendo un espectáculo celeste o seu é buscar o marco axeitado. O pico Sacro de Boqueixón (A Coruña) ten as de gañar. Se encaixar o cometa na rúa da Raíña Lupa (denominación desa fenda no granito do cumio) require correr polo monte cargado de cámaras e teleobxectivos. Con moito menos fundáronse cidades.

A imaxe foi tirada o pasado 8 de xullo pouco antes da alborada.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

4 comentarios en “E, de súpeto, un cometa”

  1. Hola. Preciosa fotografía, felicidades y gracias al fotógrafo por el empeño…es una gran oportunidad de ver a este cometa que no volverá hasta que pasen unos cuantos miles de años…un saludo para él y para todas y todos. ?

Os comentarios están pechados.