Un cometa e unha igrexiña

Créditos da imaxe: Javier Veleiro

Descubrir cometas era motivo de fama inmediata nos primeiros tempos do uso do telescopio. Algúns astrónomos/as acadaban premios económicos ou contratos como astrónomos reais. Antes diso, un cometa podía ser tanto mensaxeiro de mal agoiro ou arauto de boas novas, servindo para as máis variadas xustificacións. O certo é que nas primeiras décadas de método científico permitiron verificar as leis básicas da mecánica, calculando as súas órbitas e periodos.

Case todos estes obxectos teñen a súa orixe nun lugar dos exteriores do noso sistema solar: a Nube de Oort. Alí amoréanse os refugallos do nacemento do noso sistema planetario. Parece estenderse moito máis alá de Plutón ata un cuarto de distancia á estrela máis achegada, Próxima Centauri. Bolas de xeo que se moven caoticamente, a gravidade actúa atraendo uns a outros ou seren afectados polos movementos doutras estrelas da Vía Láctea. De cando en cando, algún sae a fume de carozo en dirección ao interior do sistema, atraído polo Sol. En ocasións, cunha órbita tan aberta, é dicir, tanta inercia que a atracción solar non é quen de mantelo baixo a súa influencia cando se achega, que pasan unha vez e non volven, perdéndose no espazo exterior. Aíndad que grande parte colisiona coa nosa estrela.

Para a nosa sorte, este cometa chamado NEOWISE superou o seu encontro solar e tamén se achega abondo á Terra para ser admirado no noso ceo nocturno. Este días, tralo solpor, ollade por baixo do Setestrelo ou Carro Maior; mellor en ceos escuros e con prismáticos. Porque agora xa sabemos o que son, non os tememos e gozamos da súa aparición.

Se hai 11 séculos o Paio ollara un cometa a saber que pensaría. Ao mellor dáballe por fundar unha cidade.

A imaxe, tirada o pasado día 8 de xullo cunha cámara Pentax K-5 cun tempo de exposición de 4 segundos e unha sensibilidade ISO 800.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024