Entre cometa e cometa… planeta

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

O señor dos aneis. O xigante anelado. O curmán menor de Xúpiter. O planeta con orellas. Todas elas son denominacións máis ou menos acertadas para definir a Saturno. A máis simpática corresponde ao diarios de observacións astronómicas de Galileo Galilei. Non hai que terllo en conta. Sendo pioneiro na observación do ceo nocturno cun telescopio tivo que afrontar o descubrimento de cousas nunca antes vistas. Definir algo que non esperas ver e que nunca antes vira ninguén é complexo. Noutras observacións Galileo atreveuse a pensar que Saturno era en realidade un planeta triple; Saturnus triformis. Non foi ata unhas 5 décadas despois que o neerlandés Christiaan Huygens, cun telescopio máis potente, chegou a definir a existencia dun anel circundando ao planeta e sen ningún punto de contacto. Foi tamén o primeiro en acreditar a existencia do satélite natural Titán, fóra da nosa imaxe.

En 1675, o italiano Domenico Cassini descubriu un gran oco de separación nos aneis, agora denominado “división de Cassini” na súa honra. Os seus aproximados 5 000 km de anchura aparecen claramente visibles na imaxe. Pero tamén albiscamos outra separación máis exterior denominada “división de Encke”, de 325 km de anchura.

Os aneis son unhas estruturas de po e partículas de xeo de grosor variable, desde micrómetos ata metros de tamaño. Quizais sexan refugallos dun satélite que nunca se chegou a formar pola gran atracción gravitacional do planeta.

Neste verán Saturno sae polo sudoeste do ceo nocturno, precedido polo máis brillante Xúpiter. A súa contemplación a simple vista non deixa de ser fermosa. Cuns prismáticos ou pequenos telescopios mellora algo a experiencia. Para unha definición coma esta imaxe xa é necesario equipos moi grandes ou o recurso fotográfico.A imaxe está formada xuntando informaticamente os fotogramas de 3 vídeos de 3 minutos de duración cada un. Neste caso, empregáronse só o 30 % dos mesmos, os de maior calidade. Captáronse desde o observatorio personal do autor, en terras arzuanas, cunha cámara ASI 290 mm acoplada ao seu telescopio.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024