Unha galaxia descentrada

Créditos da imaxe: Raúl Matos

A imaxe está dominada por unha galaxia de amplos brazos espirais. Coñecida nun dos  catálogos máis afamados coma M101, ten o alcume de galaxia Tarabela porque lembra ese xogo infantil. Dan gañas de soprar nela a ver se a movemos. E algo así xa lle pasou. Mirades ben ao seu núcleo? Non vos parece que non está ben centrado? Así é, froito dunha antiga colisión con outra galaxia que provocou enormes forzas de atracción gravitacional entre ambas. Aínda podemos ver como o brazo da parte superior da imaxe parece estricarse en dirección a algunha galaxia veciña. Na mesma imaxe enxergamos algunha manchiña pequena moi preto da galaxia e incluso ao través do seu po, son parte do grupo galáctico do que forma parte e co que parece interaccionar. Máis abaixo é a esquerda aparecen outras galaxias máis afastadas.

Esta galaxia ten case o dobre de tamaño que a nosa propia Vía Láctea. A sorte para nós é que se presenta de cara, polo que podemos pensar que a nosa galaxia terá unha forma semellante. No ceo atópase por riba da cola do Osa Maior e ten o tamaño da Lúa chea, aínda que precisaremos dun pequeno telescopio para poder albiscala. Así fixo o astrónomo francés Pierre Méchain en 1781, o seu descubridor e amigo de Charles Messier, quen a catalogou.

A luz recibida polo noso colaborador en Cotobade (Pontevedra) na noite de San Xoán saiu da galaxia hai 27 millóns de anos.

CONCURSO: escolle as túas fotos favoritas do #CometaNEOWISE e entra en varios sorteos.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024