Aínda máis branco

Créditos da imaxe: Roberto Rodríguez

Un fondo branco. Un arco branco, sobre fondo branco. Un arcoíris branco, ou un arco-non-iris. Tan grande ou máis ca un arco da vella. Máis groso ca un arco da vella. Menos cores ca un arco da vella. De feito, non ten cor ningunha. É un arco da vella branco.

E, precisamente, necesita de todo iso: un fondo branco formado pola brétema e unhas brillantes raiolas de sol por tras nosa. Por iso é máis doado nas brétemas mariñas, como o que publicamos no seu momento. Ou nas montañas, coma este dos Ancares.

Se algún día andas polo bordo superior da néboa mira onde o sol rache ao través da bruma. Ten que ser ao lado contrario do sol e a un ángulo de 35-40º da túa sombra, que marca o punto antisolar. Ás veces aparece con moi pouco contraste pero unha vez que o detectas xa non o perdes. A explicación é a mesma que para os arcos da vella; a reflexión da luz no interior das pingas de auga que emerxe para formar un gran círculo á beira contraria do sol. Pero neste caso as pingas da brétema son moito máis pequenas que as da choiva polo que refractan a luz de xeito máis amplo. A cor aparece branca porque a amplitude da refracción de cada unha das cores do arco da vella solápanse uns con outros, producindo a súa mistura esa cor branca. Ás veces, nos bordos aprézase un ton avermellado por fóra e azulado por dentro, alí onde as cores da luz non se solapan tan perfectamente.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “Aínda máis branco”

Os comentarios están pechados.