Planeta, plutoide, plutino, Plutón

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Hai 90 anos un astrónomo norteamericano examinaba de xeito rutinario as placas fotográficas tomada polo seu telescopio. A sorpresa foi ver que un puntiño cambiara de posición. Alí, errando sobre o fondo estelar, aparecía un novo planeta. Sería o noveno do sistema solar. O primeiro descuberto por unha potencia emerxente, os EUA. O primeiro descuberto no século XX. O primeiro descuberto mediante a fotografía. Clyde Tombaugh acadou a fama do descubrimento desde o Observatorio Lowell.

En realidade tempo atrás apreciáranse unhas perturbacións na órbita de Urano. O descubrimeto de Neptuno daba conta en gran parte das mesmas, pero parecía que tiña que haber algo máis alá. Axiña Plutón se convertiu nun obxecto incómodo. Nun sistema solar cos planetas interiores rochosos: Mercurio, Venus, Terra, Marte, e os exteriores gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, o noveno xogador parecía estar fóra de lugar. Tamén tiña unha órbita estraña, ás veces máis achegado ao Sol que o planeta Neptuno. Para rematalo, no último cuarto do século XX descubriuselle o primeiro satélite cun tamaño da metade co planeta. Coas novas medicións, o centro de masas do sistema Plutón-Caronte estaba fóra do planeta; é dicir, parecía un corpo dobre orbitando un ao redor do outro mentres ámbolos dous orbitan ao sol. Uns anos máis e comezaron a descubrírense outros “planetas” máis alá de Plutón: Eris, Makemake, Haumea… De aí que na década pasada desde a Unión Astronómica Internacional decidiuse redefinir o que é un planeta, deixando a Plutón fóra desa categoría, pero quedando ao mando da nova categoría de planetas ananos, tamén denominada  plutoides ou plutinos.

Se miras ao ceo nocturno estes días, cara o sur, verás dous puntos moi brillantes a menos dunha cuarta de distancia un doutro; son os planetas Saturno e Xúpiter (o máis brillante). Entre eles anda agora a se pasear Plutón, tan paseniño que desde que se descubriu aínda non deu unha volta completa ao redor do sol. Tarda 250 anos.

A imaxe é un gif animado con dúas fotografías da zona do Arqueiro (ou Saxitario), marcando cun círculo vermello o tamaño no ceo da Lúa chea como referencia. Aí, claramente, vemos o movemento relativo do astro entre as estrelas. Tiradas desde Santiago de Compostela, nos ceos contaminados luminicamente dos seus arrabaldes; o que ten moito mérito. O autor empregou a súa Nikon D600 cun teleobxectivo Nikkor AIS ED 180 mm, con 24 horas de diferenza entre as dúas imaxes principais.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023