As mellores imaxes do cometa NEOWISE con paisaxe urbana

Primeiro premio

Autor: Juan Vázquez Pérez

Unha obra de arte, un símbolo da loita do ceo nocturno contra os disparos da luz urbana, que acada unha dimensión cuantitativa distinta no campo de batalla da cidade de Vigo. As cruces das espadas de luz da ponte de Rande intentan ferir sen éxito ao cometa.

Jorge Mira

Imaxe tirada desde Trasmañó o 19 de xullo ás 00:34 cunha cámara Nikon D5200, 35 mm, ISO 1600 1,5 segundos de exposición. En palabras do propio autor: “o novo alumeado da ponte de Rande non nos deixou sen ver o paso do cometa, pero por desgraza deixará o ceo contaminado, noite tras noite, con esas horribles luces de cor rechamangueiro que máis que seguridade parecen mercadas na tenda do chino do noso barrio”.

Segundo premio

Autor: Pablo Martínez Alemparte

Sobre o perfil nocturno da cidade de Vigo, os arrabaldes que suben polos outeiros que a rodean pero que na esquerda permiten ver a fealdade nocturna da ponte de Rande. O cometa NEOWISE amósase impertérrito no máis alto.

Terceiro premio (ex aequo)

Autor: Fins Eirexas

A singularidade que define a este autor é a busca do encadre perfecto, intentando que o cometa encaixe como a peza dun crebacabezas na paisaxe que o enmarca. A busca acada nesta obra unha dimensión completa: o cometa entre as torres da catedral, cruzadas polos guindastres e, na esquina esquerda, a estrela terrea da torre do monte Pedroso, que parece un foguete espacial a piques de engalar.

Jorge Mira

Unha toma única realizada coa cámara Nikon D600 Ha modificada e obxectivo Nikkor AIS 135 mm.

Terceiro premio (ex aequo)

Autor: Fran Lojo

Unha xanela ao cometa. Imaxe que tamén foi premiada polo público.

Terceiro premio (ex aequo)

Autor: Miguel Baz Alonso.

Desde o Monte Santa Tegra da Guarda (Pontevedra), o Cometa NEOWISE C/2020 F3 coa vila abaixo e as antenas de comunicacións á dereita.

Este foi o resultado da votación do xurado do noso concurso, para a categoría de imaxes do cometa NEOWISE con paisaxe urbana. Unhas das cinco categorías do noso concurso con imaxes do cometa. Nos vindeiros días iremos publicando o resultado do resto das categorías, extraído da nosa retransmisión en directo do día 1 de setembro de 2020.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026