As mellores imaxes do cometa NEOWISE con paisaxe natural

Primeiro premio

Autor: Óscar Blanco

O perfil incofundible do miradoiro estelar das Tablillas (A Veiga, Ourense) cun cometa e un ceo espectaculares nun dos ceos máis escuros do país.

Segundo premio

Autor: Marcos Gestal

Realizada no encoro de Cecebre (A Coruña), amoreando 10 imaxes para o ceo (cunha exposición de 6-8 segundos cada unha, a ISO 3200 e f 3.5) e unha soa toma para o chan de 10 segundos.

Terceiro premio

Autor: Fins Eirexas

Tirada o 8 de xullo co cometa sobre o Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña), parecendo entrar na terra pola fenda da Raíña Lupa. Unha composición de 10 tomas para o ceo e 5 tomas para do chan; todas con 2 segundos de exposición.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026