As mellores imaxes do Cometa NEOWISE con telescopio

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Primeiro premio

Autor: Iago de la Fuente González

O don da oportunidade, algo de sorte ou de estar aí nese momento. Un cometa en todo o seu esplendor, coas dúas colas ben definidas. E un meteoro que, precisamente, adoitan ter a súa orixe nos refugallos deixados por un cometa. Unha imaxe de familia cósmica.

Fotografado con cámara Canon 6D e obxectivo Samyang 135mm F/2.0; 40 tomas de 15 segundos a ISO 3200. Na madrugada do 16 de xullo de 2020desde Fecha, preto de Santiago de Compostela.

Segundo premio

Autor: Ángel D. R. Arós

Á dereita do núcleo do cometa un pouco arriba aprezamos unha pequena nubeciña que, en realidade, é a galaxia NGC 3198 que está moito máis ao lonxe. Tomada na noite do 23 ao 24 de xullo dende a lagoa das Tablillas (A Veiga, Ourense).

Directamente esta foto é maxistral dende o punto de vista técnico. A inmensa presenza do detalle do cometa contrasta coa menudez do borronciño que supón a galaxia que ten un pouco á dereita. A espectacularidade dun minúsculo corpo celeste fronte a febleza de toda unha galaxia deixa patente a inmensiade do Universo.

Jorge Mira

Terceiro premio

Autor: Marcos López Alonso

Captado de o alto da Curuxeira, combina 20 instantáneas de 6 segundos de exposicióne outras 40 de calibración con cámara Nikon D850, obxectivo Sigma 105 a f2,8 e sensibilidade 600.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023