As mellores imaxes do cometa NEOWISE creativas/didácticas

Primeiro premio

Autor: Marcos López Alonso

Gusta moito esta imaxe pola composición, enmarcando á xente observando o cometa de xeito equilibrado e case simétrico. A súa presenza tamén me fai pensar nos afeccionados á astronomía, que buscan e se reúnen (e relacionan) nas mellores localizacións para a observación do ceo nocturno.  No ceo locen diferentes elementos de xeito espectacular pero sen roubar protagonismo ao cometa, que á fin e ao cabo é o obxecto deste certame. O de coller “cousas” coa man está bastante visto, pero non molesta aquí.

Leonor Parcero

Unha soa toma realizada no faro da Frouxeira (Valdoviño, A Coruña). O autor empregou unha cámara Nikon D850 e obxectivo Sigma 105 F2,8. Sensibilidade ISO 1600 e apertura durante 5 segundos, 105 mm F4,5″.

Segundo premio

Autor: Ángel D. R. Arós

Un momento moi especial na vida da parella que coincide co cometa. Unha imaxe para a criatura que está por vir. Sendo unha foto correcta, onde se ven as estrelas e o cometa, gusta sobre as outras pola carga emotiva que transmite.

Leonor Parcero

Hoxe, a ciencia di que os cometas poderían ser orixe da vida na Terra en parte. Antes, pensábase que eran heraldos de grandes cambios. Neste caso parece que se unen as dúas cousas nos motivos celestes e terrestres.

Terceiro premio

Autor: Fins Eirexas

Tomada o 16 de xullo no encoro da Fervenza (Mazaricos, A Coruña). Realizáronse 10 tomas de 15 segundos de exposición cada unha a ISO 1600 para o ceo, con 5 tomas de 20 s e ISO 2500 para o primeiro plano. A cámara empregada foi unha Nikon D600 Ha modificada e un obxectivo Nikkor AI 50mm @f/2,8″.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024