Novas > Eventos nosos > Queres que a túa foto apareza na edición #CeosGalegos21?

Queres que a túa foto apareza na edición #CeosGalegos21?

O proxecto Ceos Galegos xurdiu agora hai tres anos en forma de calendario astronómico, nun formato panorámico con fotos fermosas dos ceos galegos. Contamos coa colaboración dalgúns dos mellores fotógrafos galegos do ceo nocturno e astrofotógrafos. Despois diso veu este proxecto na web, un espazo para compartir imaxes fermosas do ceo ás que lles poñemos unhas liñas, comentando historias da imaxe, o que se ve, a ciencia que hai por detrás. Máis adiante, a convocatoria de concursos anual e cando hai algún evento astronómico relavante. E moitos máis proxectos que temos por diante.

Estamos agora coas labores de edición do calendario #CeosGalegos21 e, coma sempre, abrimos a todos os interesados a posibilidade de que participedes. Como para as edición anteriores buscamos fotos fermosas:

  • feitas en Galicia ou desde Galicia
  • fotos de “postal”:
    • paisaxes: en lugares singulares, co ceo estrelado, vía láctea… Por se cos sirve de referencia, o proxecto TWAN vai nese estilo. Se aparecen monumentos ou lugares significativos mellor
    • ceo fondo: campos amplos, galaxias ou nebulosas que resulten plásticas na imaxe, antes que a súa relevancia científica
    • composicións, mosaicos… son benvidos
  • as fotos poden ter sido publicadas. Aí queda ao voso criterio saber se están xa moi vistas ou non. Non precisamos primicias
  • a data de realización ten que ser dende o 1 de novembro do ano 2019 ata o día do envío
  • o calendario conterá información astronómica e didáctica, ademais dunha descrición polo miúdo de cada foto (que faremos nós),
  • as imaxes deberán ter unha resolución de 300 dpi para un tamaño DIN A3, pero mellor de 35×50. Ou polo menos é o desexable. O formato será apaisado. Se preferides mandar antes unha mostra a baixa resolución e/ou con marca de auga non hai problema
  • pagamos dereitos de autor polas imaxes seleccionadas
  • o prazo límite de recepción é o 4 de outubro!!

Se estás interesado envíanos un correo electrónico (info ARROBA ceosgalegos.com) e contarémoste o resto das condicións (criterios de escolma, como se van editar, dereitos de autor, formularios…).

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: