Unha coroa para el-rei

Imaxe: Sindo Nóvoa

Un sol sen coroa non é un Sol. En realidade, a nosa estrela ten sempre unha coroa, pero non lla vemos. Ás veces, cando as condicións son propicias, a natureza regálalle outra. Un xogo de difracción e cores ao seu redor que parece unha coroa. Todo para fachendear de espectro electromagnético. Pois, en definitiva, iso é o do que se trata. A luz branca do sol descomposta nalgunhas das súas cores, con matices.

Unha corona aparece cando unha fina capa de nubes cobre parcialmente ao Sol ou á Lúa. No primeiro dos casos faise preciso bloquear dalgún xeito o exceso de brillo da nosa estrela para poder mirala con seguridade. Unha opción pode ser mirar o seu reflexo na auga ou nun cristal, para descubrir a existencia da coroa. Lembrade que sempre é perigoso mirar de fite ao Sol.

As coroas teñen unha auréola central brillante case branca con franxas amarelas e vermellas. Nos mellores exemplares, coma este, aparecen aneis sucesivos cada vez máis tenues e de cores arrodeando aos anteriores. As cores non son tan claras coma nun arco da vella pois se forman a partires das mesturas sutiles deles. O diámetro dunha coroa pode ser de 15º; máis pequenas que os 22 dos halos ou nimbos que aparecen noutras ocasións.

A imaxe foi tirada aproveitando un dos famosos hórreos de Lira (Carnota, A Coruña) para apantallar ao sol. Coa cámara Sony a7 iii, ISO 200 e unha ráfaga de tres fotos a diferentes velocidades sen trípode (1/1600, 1/400 e 1/100).

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha coroa para el-rei”

  1. Hola. Es una imagen preciosa. Felicidades al autor y un abrazo desde tierras madrileñas. 😉

Os comentarios están pechados.