Mundos marcianos

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

Son días de máximo achegamento marciano á Terra, polo menos neste ano. Marciano referido ao planeta Marte, ese luceiro avermellado que podemos ver no ceo tralo solpor, ao comezar á noita, cara o sur. Ese é Marte, planeta máis pequeno có noso, cunha atmósfera máis lene cá nosa, con solpores máis avermellados cós nosos todos os días. Marte ten unha coloración vermella típica debido á súa abundancia en minerais de ferro na súa composición. Iso está claro nesta toma, así como a simple vista. Pero tamén distinguimos á perfección as terras altas (máis grisallas) das baixas. Nestas últimas é probable que existira un océano global nunha era xeolóxica anterior do planeta. Agora, inerte ata onde sabemos, aínda que con restos de auga que se conxela nos polos (aprézase claramente os casquete polar norte arriba na imaxe). Diversos proxectos están a buscar vida en Marte, con todoterreos, satélites e sondas que seguen a explorar o que poida sexa o vindeiro destino para a exploración humana.

A imaxe obtívose mediante o amoreado dos fotogramas de 3 vídeos de 90 segundos, aproveitando o 40% das imaxes. Feitos desde o observatorio astronómico do autor nas terras de Arzúa, cun telescopio tipo Newton 190/1000 e cámara monocromática ZWO ASI290 mm.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Mundos marcianos”

Os comentarios están pechados.