De nube a nube e tiro porque me toca

Créditos da imaxe: Alba Rodríguez

O que acontece na imaxe é un raio. O que vemos é un lóstrego. O que escoitou a autora foi un trono. Raio-lóstrego-trono adoitan ir unidos. O que non é tan habitual é que os lóstregos queden no ceo, entre as nubes, sen caer ao chan.

Nas tormentas créanse diferencias de potencial moi grandes que a natureza resolve reequilibrando as cargas eléctricas por medio dos raios. Xa sabes, por unha banda amoréanse cargas positivas e por outra cargas negativas. Os tipos de raios adoitan evolucionar á par que a tormenta. Cando esta se está a formar son máis habituais os raios entre as nubes. Fican agochados á nosa vista por por ocorrer por tras delas. Consonte as nubes ascenden sobre o terreo comeza o reinado dos raios nube-chan, polas diferenzas de potencial que se trasladaron agora entre esas dúas zonas.

Cando hai tormentas no país pode ser divertido seguir o número de raios que van caendo, detectados polo radar. Ou, máis divertido, un mapa mundial con detección en tempo real.

A autora tirou esta imaxe nunha tormenta de hai un mes coa súa cámara Canon e un teleobxectivo, cunha exposición de 15 s.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026