Xogando coas cores

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente

Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non o ve ollo humano. Conos e bastóns do noso ollo non están preparados para reaccionar na parte do espectro electromagnético captado pola sensores da cámara. A maior parte da información obtívose ao través dun filtro especal chamado Hidróxeno alfa; detecta as zonas de abundante hidróxeno en forma de gas. Mediante un procesado informático posterior  aportouse cor para gañar en contraste e información.

As estrelas si, esas si que as ve o noso ollo. A máis brillante ten nome de seu: Sadr (“o peito”, no árabe orixinal). Precisamente está no centro da constelación do Cisne, no medio da tamén chamada Cruz do Norte pola súa forma. O nome más técnico é Gamma Cygni. Á súa esquerda aparece un pequeno acio de estrelas, un cúmulo aberto catalogado coma NGC 6910.

As grandes zonas de gas hidróxeno principais, afastadas por un corredor escuro, ben poderían parecer ás dunha bolboreta cósmica. O conxunto é a nebulosa IC 1318; alcumada a nebulosa Bolboreta. Emite luz porque comparte espazo con estrelas que a alumean e excitan os átomos de hidróxeno. Está a unha distancia duns 4 900 anos luz, mentres que Sadr está a só 1 800 anos luz; moito máis preto.Entrando en fonduras técnicas, o autor do procesado partiu dunha versión monocroma da imaxe, estirou a canle verde escura para as zonas escuras e a vermella para as zonas claras, a canle azul para as estrelas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A nebulosa da Media Lúa

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “Xogando coas cores”

Os comentarios están pechados.