Unha de meigas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Raúl Matos

Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a ver formas nas nubes terrestres. Ser, é unha nebulosa. Polo menos é o nome histórico que se lle dá ás nubes gasosas do espazo. Son bastante máis etéreas que as terrestres. E inmensas en tamaño e con composicións que distan moito de seren de vapor de auga.

Nesta noite de Samaín temos unha meiga cósmica que foi descuberta por outra meiga. A nosa nube ou recibe o alcume de nebulosa da Meiga. O seu nome oficial é un pouco máis soso, NCG 7380. Pero tralo seu descubrimento hai unha boa historia.

En 1787 a astrónoma Caroline Herschel rexistra a existencia desta nebulosa na constelación de Cefeo. Caroline era irmá pequena de William, astrónomo real na Inglaterra de finais do século XVIII. Interesada pola astronomía, animada polo seu irmán pero con moito de autoesforzo e adicación persoal, realizou traballos independentes e continou a explorar os ceos trala morte do seu irmán maior. Ese mesmo ano recibiu a súa primeira asignación anual por parte do rei Xurxo III de 50 libras, convertíndose na primeira astrónoma profesional da historia.

…foi o primeiro diñeiro que, en toda a miña vida, sentín na liberdade de gastar ao meu parecer.

Caroline Lucretia Herschel

A nosa nebulosa da Meiga está formada por gases de varios átomos que, pola acción da radiación ultravioleta de estrelas achegadas, sofren a ionización de electróns. É dicir, os electróns das capas máis externas son arrincados. Ao voltar a ser recapturados emiten o exceso de enerxía en forma de luz dunha cor específica. Así podemos recoñecer átomos de hidróxeno (en cor vermella), xofre (vermello intenso) e osíxeno (verde azulado).

A imaxe precisou de 15 horas de exposición fotográfica ao longo de varias noites, empregando filtros de banda estreita para poder caracterizar os diferentes gases. O autor escolleu os montes de Cotobade (Pontevedra), pretiño do observatorio astronómico.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023