Contos de #CeosGalegos20 (vii): aí hai un premio Nobel

Créditos da imaxe: Fins Eirexas 

Ves aí? Onde sinalo? Si, xa sei, estrelas e máis estrelas. Cóntoche algo máis? Nesa zona, moi lonxe, hai un lugar no que non hai estrela ningunha. Realmente non hai nada. Ou, ao revés. Hai moito. Porque nese lugar hai un burato negro supermasivo. Un auténtico monstro da natureza que agora comezamos a comprender un pouco mellor.

Imaxina que tes algo moi grande, coma unha estrela. Sabes que como ten moita masa atrae cousas cara ela, como planetas, que quedan xirando ao seu redor pola atracción gravitacional. Imaxina agora que es quen de comprimir moito esa estrela; pero moito moito ata o punto de que ocupe só unha unha cidade coma Ourense. Pois terías un burato negro. Algo invisible aos nosos ollos, porque nin sequera a luz pode escapar do seu interior. Pero podemos saber que existe se ao seu redor xiran estrelas atraídas pola súa gravidade.

No noso caso temos que pensar nunha masa tan grande como equivalente a catro millóns de soles coma o noso, comprimidos nun espazo equivalente ao do sistema solar. Aí, onde apunta o dedo, se puidéramos percorrer os 26 000 anos luz que nos separan do centro da nosa galaxia bateríamos con Sgr A*. Por certo, o seu descubrimento valeu polo premio Nobel de física deste ano.

Un pouco máis por riba aparecen uns borranchos rosados. Son zonas moito máis achegadas a nós, nubes de gas hidróxeno, onde se seguen a formar estrelas. E tamén Xúpiter, por suposto, o punto máis brillante de toda a estampa, e Saturno, a dereita e esquerda da Vía Láctea, respectivamente.

E area, moita area. Estamos nas dunas de Olveira-Corrubedo (Ribeira). Un dos poucos espazos naturais protexidos do noso país. Unha panorámica creada a partires de 11 instantáneas tiradas coa Nikon D600 do autor, cun tempo de exposición de 45 s a ISO 1600.

A imaxe protagoniza o mes de outubro de #CeosGalegos20 #GalicianSkies20.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Contos de #CeosGalegos20 (vii): aí hai un premio Nobel”

  1. Because the admin of this site is working, no doubt very rapidly it will be renowned, due to its quality contents. Anatola Saundra Just

Os comentarios están pechados.