Astronomía megalítica

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Curiosos, estes humanos.

Coas voltas dos seus cerebros na pedra labran cosmos

e unha pálpebra despois

xa andan en rotación, iris tralo rastro de mil astros.

Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos21

O Cosmos móvese. Todo se move no ceo. Planetas, soles, satélites e galaxias. O propio Universo móvese dentro de si mesmo espallándose, inchando e creando o propio espazo no que se move. Sen entrar nesas complexidades cosmolóxicas, os movementos básicos son ben coñecidos desde a antigüidade.

A Terra rota. Xira sobre si mesma ao redor dun punto no ceo moi preto da estrela Polar. Simple casualidade astronómica, pois non hai nada que una o eixo de rotación do noso planeta con esa estrela que está a máis de 400 anos luz. Pero esta casualidade foi moi útil nos séculos recentes para a navegación tanto terrestre coma marítima. É máis, a altura da Polar no horizonte permite tamén calcular a latitude terrestre; a distancia ao polo Norte, que non é pouca cousa. Se tiramos unha foto ao ceo, cara o norte, e deixamos o obturador da cámara aberto durante moitos segundos é cando a rexistramos un ronsel luminoso deixado por estrelas e planetas. Con moitos minutos conseguimos crear eses círculos concéntricos, cada un coa cor da súa estrela.

Na Terra, o autor da imaxe traballou arreo para atopar unha localización que lle permitira xogar coa simboloxía castrexa. Un petróglifo con círculos concéntricos que parece remedar o movemento de rotación da Terra. Evidentemente, non coñecemos as motivacións do noso antepasado para perder o tempo furando na pedra, quen sabe con que propósito. Máis o lugar é tan acaído que no horizonte aparece recortado o perfil dun castro, o de Sabaxáns (Mondariz). Non é mala colleita para unha noite de astronomía.

Un ano máis, un ano menos… Atrapados nas voltas dos nosos ciclos, pensamos que todo é eterno, mais non o é. Nin os nosos círculos, nin os da Terra, nin os do Universo duran para sempre.

Aproveita o ano que comeza para baixar duns carruseis e montar noutros.

Jorge Mira en #CeosGalegos21

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Comezou o outono? Depende

Astronomicamente falando, no país xa chegou o outono hai uns días. Meteoroloxicamente falando, parece que seguimos no verán, aínda que as temperaturas xa son máis

Sabes onde estás?

Estás perdido e non sabes onde estás? A astronomía sae ao teu rescate. Olla a foto. Só tes que procurar a estrela polar e mirar

Flores para Frank

— E logo? Haberá vida noutros lugares do Universo?
– Pois haberá, de certo.
– E, algún día o saberemos?
– Pois non, o máis probable.

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2022