Hai 6 766 anos

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

O mesmo Río de Prata no ceo para os chineses;

para oestrimnias, o mesmo Río de Ouro entre abas.

A mesma melena de xeo era.

Só a sapiens é outra. Alza os ollos cun abraio igual ao teu

e no seu fondo colle forma un megálito.

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Hai 4 600 millóns de anos nun recuncho dunha galaxia unha masa de hidróxeno, helio… comezou a se xuntar e xirar. No centro, os átomos de hidróxeno comearon a se atraer uns a outros aumentando a presión ata que unha estrela, feita dos refugallos doutras estrelas e do hidróxeno primixenio, comezou a dar luz e calor. Ao seu redor, xirando continuamente, po, rochas, xeo… foron amoréandose ao redor dos primeiros protoplanetas que se constiuíron. Tralos primeiros choques a cegas a gravidade fixo o resto. Co tempo, nos arrabaldes ficaron os restos desa formación, bólas de xeo suxo de diferente tamaño nunha zona descuberta hai só medio século e denominada nube de Oort. Ás veces, nunha sorte de billar cósmico no que manda a gravidade, unha desas bólas sae disparada e paséase por todo o Sistema Solar.

Hai 350 millóns de anos das fonduras dun océano global emerxeu unha chaira ao chocaren dous continentes denominados Gondwana e Laurassia. Desde ese momento formouse un dos territorios más antigos do planeta chama Terra.

Hai entre 70 e 50 millóns de anos unha corrente de auga comezou a labrar o seu camiño nas terras graníticas emerxidas. Erosión, auga, vento deixaron convertiron a vella chaira nunha paisaxe xeoloxica variada e interesante.

Hai 6766 anos unha bóla de xeo suxa debeu pasar preto da Terra e preto do Sol. Ninguén a viu ou ninguén rexistrou o seu paso. Daquela os seus habitantes andaban máis pendentes de cazar, recolectar e comezar a sementar.

Hai 1000 anos unha manda de xentes de igrexa decidiu escoller esta zona do planeta para as súas cousas: a oración, o traballo, o viño. Co tempo deixárono estragado de edificios de pedra fermosos e cun nome recoñecible: a Ribeira Sacra.

Hai 6 meses a bóla de xeo repetiu visita. Na súa homenaxe milleiros de cidadáns do planeta Terra decidiron tomar boa conta deste acontecemento. E aí o está. A esquerda aparece o Carro Maior, o Setestrelo do ceo que nos leva ao cometa NEOWISE preto do horizonte. As 128 imaxes tiradas permiten compoñer no ceo o arco completo da Vía Láctea que case coincide na terra coa curva do río Sil formando un enorme O de abraio. Saturno e Xúpiter locen baixo a parte dereita do arco, saínda cara fóra do mesma e ata o extremo da imaxe o río negro de Rho Ophiuci e a amarelada estrela Antares. Por alí andaba Xúpiter un ano antes. Desde o miradoiro Pé de Home (Nogueira de Ramuín), un ser aparecido hai 40 anos contempla a escena. Desta volta ficará para sempre nos #CeosGalegos21

Dentro de 6766 anos non sabemos se haberá alguén para rexistrar a futura visita.

A Terra, detida no seu xiro cósmico. A fugaz e enganosa estabilidade dos momentos fermosos. O meandro do río aspira a converterse no espello da liña da Vía Láctea. O río vese protagonista dunha fábula na cal o seu camiño foi cicelado polo cometa ao percorrer a autoestrada galáctica.

Jorge Mira nos #CeosGalegos21
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Historia de dous arcos

Olla a imaxe, hai dous arcos. Velos? Son reais? Pois un si. Outro non. Na terra hai un arco de pedras. Levoulle tempo formarse. Os

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023